European Nations Cup
Tipo | international rugby union competition (en) |
---|---|
Deporte | rugby a 15 |
Organizador | Rugby Europe |
Número de participantes | 6 |
Localización e Datas | |
Localización | Europa 48°41′27″N 9°08′26″L / 48.690959, 9.14062 |
Vixencia | 1936 – |
Calendario da tempada | febreiro – marzo |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | rugbyeurope.eu… |
A European Nations Cup ou ENC (chamada popularmente 6 Nacións B), é un torneo bianual entre seleccións de rugby de Europa. Considerando que o Torneo das Seis Nacións é o campionato europeo de primeira división, o European Nacions Cup sería o campionato europeo de segunda división.
As 35 seleccións europeas de rugby participantes no torneo están organizadas en 7 divisións de 5 ou 6 equipos cada unha, existindo ascensos e descensos entre cada división e a seguinte. As 6 mellores seleccións disputan a División 1A, da que sae o campión oficial do campionato. Actualmente Xeorxia, Romanía, España, Rusia, Portugal e Bélxica compiten na máxima categoría.
Formato
[editar | editar a fonte]Cada edición do torneo dura 2 anos. O formato consiste nunha liguiña de todos fronte a todos, dividida en dúas voltas. Cada ano dispútase unha volta, coincidindo as datas dos 5 encontros coas datas do Torneo das Seis Nacións, e dicir, entre os meses de febreiro e marzo do primeiro ano dispútase a primeira volta, e entre os meses de febreiro e marzo do segundo ano dispútase a segunda volta. O primeiro clasificado da liguiña resulta campión, e o último clasificado descende de categoría.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Este foi o resultado das últimas edicións disputadas:
|
A vitoria son 4 puntos, e o empate 2. Os puntos bonus acádanse anotando 4 ou máis ensaios, e perdendo por 7 puntos ou menos. |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]